IniciosociedadeLimitada a 60 km/h a velocidade na A-8 por mor da néboa

Limitada a 60 km/h a velocidade na A-8 por mor da néboa

Os problemas coa néboa nese punto da Autovía do Cantábrico son recorrentes.

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A velocidade máxima de circulación pola Autovía do Cantábrico (A-8) quedou limitada a 60 quilómetros por hora entre os municipios de Mondoñedo e Abadín, como consecuencia dos densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos propios usuarios.

O nivel de servizo vermello quedou establecido no Alto do Fiouco, entre os quilómetros 536 e 552, ás 03:40 horas da pasada madrugada, como consecuencia da “visibilidade reducida” nese tramo de autovía. Os condutores que transitan por ese tramo saben da limitación mediante os correspondentes paneis luminosos.

Os problemas coa néboa nese punto da Autovía do Cantábrico son recorrentes e, de feito, está en marcha un proxecto de Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a instalación de prototipos sobre o terreo que permitan avanzar en solucións alternativas para superar esta situación.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...