IniciosociedadeCajoto precisa que a Xunta non enviou as vacinas para as operarias...

Cajoto precisa que a Xunta non enviou as vacinas para as operarias do SAF tralas críticas do PP

Os conservadores acusan do atraso á "deixadez" ao Concello, que concreta que tramitou a documentación e que se esperan as doses por parte do Sergas

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Foz denuncia a situación na que se atopa o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e insta ao rexedor a “que canto antes se interese tanto na Consellería de Sanidade como na Fegamp de por que as traballadoras de SAF-dependencia de Foz están sen vacinar e noutros concellos si o están”.

O voceiro do Partido Popular, Javier Castiñeira, sinala: “onte preguntámoslle ao alcalde no pleno e comprobamos que non sabe absolutamente nada sobre a vacinación das traballadoras; preguntamos se chamara a Sanidade e á Fegamp para interesarse por que noutros concellos si están vacinadas e en Foz non, e non sabe nada. Di que mandou a lista a Fegamp, pero non sabe nada máis”, concretou.

No PP entenden que “é absolutamente inaceptable” que as traballadores do SAF estean aínda sen vacinar. “É pura deixadez”, indica Castiñeira, que engade que “hai uns meses soubemos que tiña cincocentas horas do SAF sen adxudicar; actualmente está usando 4.600 horas ao mes cando ten 5.200 e iso vai en prexuízo dos usuarios, máis de 100 no concello de Foz”, concluíu.

Ás críticas respondeu o alcalde de Foz, Fran Cajoto, que aclarou que os traballadores do SAF neste Concello non recibiron as vacinas contra o Covid-19 porque o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non as enviou aínda.

O rexedor municipal explica que o Concello “remitiu cando o solicitaron o listado desas traballadoras á Fegamp e esta entidade trasladoullo á Consellería de Sanidade en tempo e forma. O motivo real polo que non recibiron as vacinas é porque estas non chegaron, co cal as críticas do PP por este asunto en todo caso deberían ir dirixidas ao Sergas, departamento da Xunta de Galicia que é o encargado de enviar as vacinas e poñelas”.

O ALCALDE PIDE AOS POPULARES “NON UTILIZAR A PANDEMIA”

Cajoto engade que “nun pleno de hai uns meses o PP de Foz pediu que a Deputación contratara médicos para o centro de saúde e agora atrévese a aseverar que os traballadores do SAF non se vacinan por culpa do alcalde, cando o Concello enviou os datos persoais de todo ese persoal en tempo e forma. O Partido Popular de Foz descoñece por completo que se están vacinando aos traballadores dos SAF dos municipios en función da dispoñibilidade de vacinas, segundo as ordes que transmite o Sergas, non os gobernos locais, e hai varios municipios da Mariña nos que non se está vacinando aínda a este persoal, algo que se fará nos próximos días”, afirma.

“Estamos en permanente contacto coa xerente do distrito sanitario, María José Cortés, nun clima de total colaboración. Eu digo basta: coa saúde non se xoga, coas vacinas non se xoga. E pido un pouco de respecto aos concellos, aos traballadores do Sergas e ás veciñas e veciños de Foz”, conclúe.

MOCIÓN PARA PEDIR MÁIS FONDOS Á XUNTA

O pleno aprobou cos votos a favor do PSdeG – PSOE, BNG e Foz Plataforma de Futuro unha moción da alcaldía para instar á Xunta de Galicia a que incremente o investimento no SAF, “conxelado desde 2012”, para aliviar a carga económica que supón para os Concellos e tendo en conta que no marco estatutario a competencia exclusiva do Goberno autonómico en asistencia social.

O PP opúxose ao considerar que se trataba dunha iniciativa “inxusta” ao non reclamar ao Executivo estatal “que financie o 50% do SAF”.  

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...