IniciosociedadeViveiro baixa da decena de casos en 14 días e só A...

Viveiro baixa da decena de casos en 14 días e só A Pontenova ten dobres díxitos na Mariña

O Vicedo, Ourol, Xove, Alfoz e Trabada están libres de Covid-19 segundo o reconto da Xunta; o Hospital da Mariña atende tres pacientes contaxiados

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 500, once menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse un total de 12 positivos novos por PCR.

Dos 500 contaxiados, 43 permanecen ingresados (14 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 29 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o Hospital da Mariña (tres), o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (23) e o centro hospitalario de Monforte (tres).

No histórico da provincia documéntanse 205 defuncións, 10.997 altas e 11.706 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 188.081 PCR.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, só A Pontenova ten máis de dez positivos confirmados nos últimos 14 días. O resto dos concellos da Mariña teñen entre un e nove casos, tamén Viveiro, no que se completou unha evolución favorable desde o abrocho de finais do pasado ano. Son as excepcións O Vicedo, Ourol, Xove, Alfoz e Trabada, libres de Covid-19 segundo os datos da Xunta.

Le a información completa a nivel galego no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...