IniciosociedadeO Parlamento abordará o xoves a situación de Cardioloxía na Mariña, cun...

O Parlamento abordará o xoves a situación de Cardioloxía na Mariña, cun único especialista

O PSdeG preguntará "cando pensa a Xunta restablecer o servizo" con tres profesionais, dado que non se cubriron unha baixa e unha excedencia

Publicada o

- Advertisement -

A secretaria provincial do PSdeG e deputada autonómica socialista, Patricia Otero, intervirá o vindeiro xoves na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, a partir das 10.30 da mañá, para interpelar á Xunta de Galicia sobre “cando pensa cubrir as tres prazas de cardiólogos que existen no Hospital da Mariña”. Actualmente só traballa un dos especialistas, despois de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non suplise unha baixa e unha excedencia.

Otero preguntará ademais “que medidas que vai a tomar a Consellería de Sanidade para garantir que os enfermos con patoloxías cardíacas reciban a asistencia sanitaria axeitada“.

A dirixente socialista lembra que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que denuncia o “desmantelamento do servizo” de Cardioloxía no Hospital da Mariña e reclama ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo que “o repoña de xeito urxente polo menos ao seu nivel previo a setembro de 2020”.

Nesa liña a Deputada tamén quere coñecer a opinión da Consellería de Sanidade “sobre se considera que a atención no servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña se atopa garantida nestas condicións, cun só cardiólogo”.

Otero sinala que o Hospital da Costa “atende a unha poboación de máis de 70.000 habitantes, que se incrementa de xeito expoñencial nas vacacións. Advirte que hai tres prazas de cardioloxía, con todo a día de hoxe o centro hospitalario só conta cun único cardiólogo que só atende as urxencias, tal e como veñen de denunciar pacientes e a Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública da Mariña”.

A dirixente socialista denuncia que “a non cobertura destas prazas é unha mostra máis da degradación constante e do desmantelamento da sanidade pública na comarca da Mariña por parte da Xunta de Feijóo”, criticou.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...