IniciosociedadeRibadeo homenaxeará ás mulleres cunha escultura de Ana Vidal feita polos Ferreiros...

Ribadeo homenaxeará ás mulleres cunha escultura de Ana Vidal feita polos Ferreiros de Mazonovo

O Concello conmemorará o 8-M cun taller de empoderamento feminino impartido pola psicóloga Marina López de Prado

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo anunciou este martes que o vindeiro sábado, 6 de marzo, renderá homenaxe a todas as mulleres coa inauguración dunha escultura de ferro deseñada pola artista Ana Vidal Suárez e realizada polos Ferreiros de Mazonovo (Los Oscos). Deste xeito conmemorarase o Día Internacional das Mulleres.

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que con esta iniciativa “queremos ensalzar ás mulleres, como provedoras deses coidados invisibles en moitas ocasións, como suxeitos que resisten e soportan as discriminacións cotiás polo único feito de ser mulleres. Como aquelas que están a sufrir aínda máis as consecuencias da pandemia”.

A edil ribadense explicou que “esta escultura denominouse pola artista que a deseñou, Ana Vidal Suárez, como Son o poder dentro de min. A obra xurde da necesidade de representar o feminino desde unha perspectiva ampla, complexa e profunda. Materializa a enerxía feminina nun poderoso elemento central, o espírito das mulleres que coa súa presenza busca ser o reflexo e inspiración daquelas que o observen, condensando unha maior densidade de materiais que nos transmiten forza e firmeza, á par que as súas liñas, sinuosas, case líquidas, outórganlle un carácter de liberdade e fluidez. Xorde a manifestación máis física da muller na forma de tres rostros que representan as tres idades clásicas: a nena, a muller e a anciá”, engade.

Álvarez Lastra dixo que “a escultura é unha obra composta por ferro forxado realizada polos Ferreiros de Mazonovo, integrado actualmente por Friedrich Bramsteild, un mestre ferreiro austríaco de sétima xeración e Paz Prieto, unha restauradora que chegou á zona hai catro anos para aprender o oficio da forxa. Ana Vidal, a deseñadora da obra é unha artista e deseñadora, licenciada en Belas Artes na especialidade de escultura pola Universidade de Vigo”.

ACTIVIDADES NOS INSTITUTOS

A concelleira de Igualdade ribadense expuxo ademais que se realizarán talleres nos centros educativos de Secundaria e crearase “o espazo de autocoidados en tempos de pandemia. Por medio do programa Vou quererme, ten como obxectivo fomentar o empoderamento e a autoestima das mulleres adultas. Será dinamizado pola psicóloga Marina López de Prado en sesións reducidas de cinco persoas. Levaranse a cabo dez sesións dunha duración de 1 hora e 30 minutos. O prazo para anotarse a esta actividade finaliza este venres, 5 de marzo. Pode realizarse a inscrición ben chamando ao 982 120 739 ou escribindo un correo electrónico a cim@ribadeo.org”, concreta Álvarez Lastra.

O Concello de Ribadeo participará nos diferentes actos organizados polo feminismo galego representados na plataforma Galegas 8M, “que na nosa vila consistirá nunha manifestación que decorrerá o propio 8 de marzo gardando todas as medidas de seguridade existentes nesa data”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...