Case 40 tendas do casco histórico de Viveiro participan no ‘Fóra Stocks’, con descontos de ata o 70%

A campaña, do 2 ao 6 de marzo, pechará as rebaixas ofrecendo a prezos aínda máis reducidos artigos de moda, calzado, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, óptica ou telefonía

Compra nun comercio de Viveiro. JUAN MAYA

O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) pon en marcha a partir do vindeiro xoves a campaña Fóra Stocks, que durará ata o 6 de marzo e ofrecerá descontos en miles que artigos, de ata un 70% nalgúns casos. Os comerciantes queren converter a fin da tempada de rebaixas nunha feira de stock, a fin de impulsar unha vez máis as compras no comercio local.

Segundo concreta o CCHV, “aproveitando que Viveiro está nun nivel 3 cas restricións Covid-19, coa hostalaría de novo aberta, esperamos que os clientes doutras localidades da comarca se animen a visitar Viveiro esta fin de semana, pasear polo casco antigo, mercar
con fantásticos descontos e desfrutar dun café nunha terraza da hostalaría que tanto botamos de menos estas semanas que estivo pechada. Eso si, sempre con sentidiño e respetando as normas”, explica a xerente do CCHV, Isabel Méndez, nun comunicado.

Ata 36 establecementos participarán na campaña. “A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de iniciativas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, óptica e telefonía“, expón o CCHV.

Os locais participantes estarán identificados con carteis de cor vermella co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.

“Tratase de ofrecer ao cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, que ofrece un trato persoal e profesional”, conclúe o CCHV.

Os locais participantes e as súas promocións son os seguintes:

TÉXTIL

TEXTIL CONFECCIONES JUSTO VÁZQUEZ Téxtil a 10, 15 e 20 euros
COMPLEMENTOS SULIAN Complementos de prata dende 10 euros, bolsos e carteiras a 20, 30 e 40 euros
MIMIMÓ Descontos ata o 50% en roupa e calzado de tempada actual
MISSTIC 60% en parkas e plumas; 50% en resto de téxtil, calzado e bolsos
COCOLATTE Descontos dende 10 euros
ESPRIT Descontos ata o 50%
FONTANA Descontos ata o 70%
JONATHANS Descontos do 60 e 70%
MADRAS Descontos do 50 e 60%
KODY Un 10% adicional sobre rebaixas
KERALE MODA Do 50 ó 70% de desconto
VERSUS 70% na zona outlet
ROCKIDS 20% en suadoiros e un 30% camisolas neno e adulto
BAAMONDE Roupa a 10€, 15€ e 20€; calzado ata un 60%

CALZADO

CALZADO ALBO ZAPATILLERÍA un 10% adicional sobre rebaixas
ALBO ZAPATOS un 10% adicional sobre rebaixas
CALZADOS ALBO un 10% adicional sobre rebaixas
TACONES Do 50 ao 70% de desconto
VOGUE – LV Do 20 ao 60% de desconto

DEPORTES

DEPORTES DON BALÓN Artigos a 10, 15, 20 e 30 euros
PITI DEPORTES Téxtil a 20, 25 e 30 euros; zapatillas deportivas dende un 30%
PODIUM SPORT DEPORTES Calzado, téxtil e complementos con 20, 30 e 40%
VAN SURF SNEEKERS 2×1 (págase a prenda de maior importe) ou -40%
VAN SURF SHOP 2×1 (págase a de maior importe) ou -40% por unha prenda
OXÍGENO SURF Zona Outlet 1ª planta: todo ao 50%

MERCERÍA-PAQUETERÍA

MERCERÍA PAQUETERÍA A BOLBORETA Descontos en pixamas, roupa bebé, batas e selección de bragas
LENCERÍA CANELA Todo ao 50% e prendas soltas ó 70%
NACAR Descontos do 40% ao 70% (excepto básicos)

REGALOS E DECORACIÓN

REGALOS E DECORACIÓN CERAMICA REGAL FONTENOVA Art. Seleccionados de cerámica 30%, prata 25% e alimentación 15%
RAQUEL SEIJIDO Bolsos ao 50%, mobles ao 70% e lámpadas a 50 euros

XOIERÍAS

JOYERÍA RELOJERÍA PALEO 30% en Reloxos seleccionados, 20% en cristal, 30% en prata e 20% en porcelana
OSCAR RODRÍGUEZ JOYEROS Art. Seleccionados Pandora 50%, Marcas de reloxos e xoiaría do 50 ao 80% de desconto
PLATAX Reloxos e prata ao 50%

TELEFONÍA

TELEFONÍA MOVILTOM Lote de xogos PS3: 10 xogos 15 euros / PS2: 10 xogos 10 euros / 20% cristais e fundas / 20% Nintendo 3DS XL

ÓPTICAS

LA ÓPTICA Monturas ata o 50% de desconto

ÓPTICA ROSARIO Gafas de marca a 50€, 20 e 30% noutras marcas

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here