IniciosociedadeO Mercado da Primavera será virtual, con concursos nas redes de zocas,...

O Mercado da Primavera será virtual, con concursos nas redes de zocas, fotografías e vestimenta

O Concello anima a participar nos tres certames para festexar o 27 de marzo a décimo quinta edición do evento, que non terá actividades presenciais

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, e a concelleira de cultura, Josefina Geada, presentaron no consistorio o cartel promocional da edición virtual nas redes do Mercado de Primavera que se celebrará o 27 deste mes de marzo. Vídeos, sketchs, fotografías e concursos animarán a festividade que remite ao pasado da vila.

Desde o Concello valadourense lembran que “está chegando a data do Tradicional Mercado e, un ano máis, non podemos celebralo como todos desexaríamos, xa que agora toca coidarse e en solidariedade coa nosa saúde non haberá festa tal e como se vén realizando todos os anos. Faremos unha celebración virtual, para non pasar sen festexar dalgunha maneira esta data tan sinalada e esperada por todos”, indica o goberno municipal.

Na presente edición, a décimo quinta, haberá tres concursos baixo o cancelo #MercadoPrimavera21. Non faltará, por suposto, o agardado certame de zocas, con dúas categorías, infantil e adultos. Os participantes terán que decorar o seu calzado e subir unha foto ás redes sociais do Concello. Cada unha das categorías terá catro premios de 200, 100, 50 e 30 euros respectivamente.

Outro concurso será o de fotografías. Os participantes terán que facer ou buscar no seu arquivo unha foto relacionada co Mercado de calquera edición e subila ás redes. Haberá tres galardóns de 100, 50 e 30 euros.

Cartel da décimo quinta edición. AXM

Finalmente, haberá un certame de vestimenta. Os participantes terán que facer unha foto ou buscar en arquivo con indumentaria de época e subila ás redes. Haberá tres premios de 100, 50 e 30 euros.

OS PREMIOS CONSISTIRÁN EN BONOS PARA MERCAR NO COMERCIO LOCAL

Todos estes premios consistirán en bonos para inverter no comercio local, “colaborando así este Concello cos establecementos locais que tanto o necesitan nestes momentos”, remarca o executivo municipal. As bases dos concursos e anuncios correspondentes iranse publicando nas redes sociais municipais.

O Concello anima a participar “sen perder a ilusión e esperando poder desfrutar de maneira presencial do Mercado da Primavera do vindeiro ano. Temos que celebralo todos xuntos”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...