O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión deste martes, abrir o peche da Área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto de Galicia.
Pola súa banda, as áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás. Isto implica que só se poden mover entre eles se son da mesma área sanitaria.
Por outra banda, o concello de Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo, o que implica as restricións máximas, é dicir, sen mobilidade agás para traballo ou asuntos esenciais. O resto dos concellos galego quedan en nivel medio. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 5 de marzo.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.