IniciosociedadeO Hospital da Mariña queda libre de pacientes con Covid-19

O Hospital da Mariña queda libre de pacientes con Covid-19

Só Viveiro, Burela, Ribadeo, Mondoñedo e Lourenzá teñen algún caso confirmado en sete días, cunha incidencia neste último municipio de entre 125 e 250 positivos por 100.000 habitantes

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 427, 29 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse once positivos novos por PCR.

Dos 427 contaxiados, 37 permanecen ingresados (14 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 23 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (19) e o centro hospitalario de Monforte (catro). O Hospital Público da Mariña está actualmente libre de positivos.

No histórico da provincia documéntanse 206 defuncións, 11.092 altas e 11.729 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 189.341 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 792 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, O Vicedo, Ourol, Xove, O Valadouro, Cervo, Alfoz, Foz, Barreiros, Trabada, A Pontenova e Riotorto non contan positivos confirmados nos últimos sete días.

Entre un e nove teñen Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada entre os 26 e os 75 casos nunha proxección a 100.000 habitantes), Burela (entre 25 e 11), Ribadeo (entre 26 e 75), Mondoñedo (entre os 26 e os 75) e Lourenzá (entre 126 e 250 positivos por 100.000 resindentes). O municipio laurentino padecerá desde o venres restricións de nivel alto, sendo o único da Mariña nas que se aplican.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...