IniciosociedadeMondoñedo agarda aforrar un 48,11% en luz coa substitución dunhas 240 luminarias...

Mondoñedo agarda aforrar un 48,11% en luz coa substitución dunhas 240 luminarias do casco

A primeira fase do proxecto de mellora da eficiencia enerxética na zona histórica, xa en marcha, supón un investimento de case 130.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo anunciou a través dun comunicado de prensa que comezan as obras incluídas na primeira fase do proxecto para o aforro e a mellora da eficiencia enerxética do alumeado do casco histórico, que terán un custo de 129.500 euros. Segundo as previsións dadas a coñecer, os traballos consistirán na substitución de parte das actuais luminarias -unhas 240- por lámpadas LED, máis eficientes, e na actualización de dous cadros de mando existentes, para adaptalos á normativa vixente.

Coa execución das obras previstas, afirma o goberno local, os técnicos estiman que se logrará un aforro enerxético do 48,11%. Na segunda fase está prevista a substitución doutro cadro de mando, así como a renovación doutra parte dos puntos de luz; o aforro enerxético estimado será do 59,20%.

O proxecto de intervención no alumeado do casco histórico de Mondoñedo recolle tamén a actualización do cadro de mando da iluminación ornamental da Catedral, para adaptalo á normativa vixente, engade o executivo municipal.

“O Concello de Mondoñedo logrou captar no seu momento fondos procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, que xestiona o Ministerio de Transición Ecolóxica a través do Instituto para a Diversificación e o aforro da enerxía (IDAE), para a renovación do alumeado público exterior do casco histórico e o alumeado ornamental da Catedral. O obxectivo é diminuír o consumo e aumentar a eficiencia enerxética. Previamente, o Concello conseguira no 2019 unha subvención do IDAE para iniciar a renovación de puntos de luz no rural”, conclúe a nota.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...