A Mariña segue enchéndose de actividades con motivo do 8-M, o Día Internacional da Muller. Concellos coma os de Cervo, Trabada, O Vicedo ou Xove anunciaron actos con motivo da celebración.
CERVO
O VICEDO
No Vicedo representarase a obra ‘La Pimentera‘, a cargo de Dinamia Teatro, de Ponferrada, onde se aborda unha temática no marco do 8-M: o papel das mulleres nos pobos. A representación será o sábado 6 de marzo ás 18.00 horas na casa da cultura. Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa Covid-19, concretamente o auditorio da Casa da Cultura está limitado a 60 persoas.
TRABADA
O Concello de Trabada conmemorará o Día Internacional da Muller cunha concentración o luns, 8 de marzo, ás 12.00 horas na praza do consistorio, na que se fará a lectura dun manifesto.
“As melloras políticas e normativas son fundamentais para avanzar, pero para a igualdade real é imprescindible a vontade social de cambiar as cousas”, expón o goberno municipal, que lembra que neste momento, precisamente, coas restriccións de mobilidade da pandemia, “é cando moitas mulleres peor o están a pasar, por ter os seus agresores preto. Dende que se empezaron a recopilar datos no ano 2003, son máis de 1.080 o número de mulleres asesinadas por violencia de xénero. É polo que non se explica que haxa partidos políticos que pidan que se sustitúa a lei de violencia de xénero mentras siguen matando as mulleres polo feito de selo”, salienta o executivo municipal.
VIVEIRO
Dado que o contexto sanitario actual non permite as concentracións multitudinarias, dende o Concello de Viveiro faise un chamamento á participación da cidadanía nas alternativas propostas para este 8-M.
A lectura colectiva dun manifesto, formado por vídeos nos que cada participante lerá unha frase, unha interpretación especial da man de actriz Estíbaliz Veiga, que se poderá seguir a través das redes sociais e unha actividade de formación que consistirá nun curso de autoestima para mulleres inmigrantes son as propostas.
XOVE
En Xove realizarase unha homenaxe ás mulleres que colaboraron na confección de máscaras durante o estado de alarma. Este acto celebrarase o sábado 6 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de deportes.