InicioM.ambiente e PatrimonioRibadeo repartirá 500 botes de desinfectante para lembrar a obriga de limpar...

Ribadeo repartirá 500 botes de desinfectante para lembrar a obriga de limpar os ouriños dos cans na rúa

A nova ordenanza municipal de medio ambiente impón aos donos das mascotas non só a retirada dos excrementos senón levar unha solución para lavar a urina

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo anunciou a través dun comunicado que repartirá de xeito gratuíto a partires do vindeiro luns, 8 de marzo, 500 botes de produto desinfectante entre os propietarios de cans do municipio. O obxectivo é concienciar aos donos dos animais da obriga de limpar os ouriños das mascotas, algo que recolle a nova ordenanza de medio ambiente.

O edil desta área, Jorge Díaz Freije, lembrou que “estamos traballando nunha nova ordenanza medioambiental e unha das partes que estamos vendo que preocupa bastante aos veciños e veciñas de Ribadeo é o tema dos animais, neste caso dos cans”.

Díaz Freije subliñou que “dentro desa ordenanza levamos unha modificación nova, que ademais de estar obrigados os donos a recoller os excrementos tamén se inclúen os ouriñes. Hai que levar xunto coa bolsa un frasco con auga con xabón ou con produto desinfectante para que cando ouriñe o can nunha zona pública se bote ese líquido para que estea todo moito o máis limpo posible e sen cheiros”, expuxo o edil.

Presentación da campaña, con Suárez Barcia e Díaz Freije. AXM

O concelleiro de medio ambiente ribadense explicou que “no Concello de Ribadeo poñemos en marcha unha iniciativa, compramos uns 500 botes que levan unha solución limpadora que estarán a disposición dos veciños que teñan que sacar a súa mascota á rúa”.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia, concreta que nos botes que vai repartir o Concello pódese ler o lema desta campaña de concienciación: “O can é teu, as rúas e parques de todos. Non deixes pegada. Por un Ribadeo limpo”.

PODERANSE RETIRAR DESDE O LUNS

Estas unidades, gratuítas, poden retirarse en horario de 9.00 a 14.00 horas na área de medio ambiente, desde o vindeiro luns. “Vanse recoller os datos persoais para que non haxa ningunha picaresca. Esta iniciativa está pensada polo ben común, para que estea moito máis limpa a vila e teñamos un Ribadeo máis limpo”, conclúe o Concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...