InicioMovementos SociaisO Observatorio rexeita a "criminalización" do 8-M: "sairemos coidándonos e con toda...

O Observatorio rexeita a “criminalización” do 8-M: “sairemos coidándonos e con toda a forza”

O feminismo defende os actos convocados nas rúas e prazas, coas medidas de seguridade precisas, ante a tentativa de "cargar as nosas convocatorias de culpa e vergoña"

Publicada o

- Advertisement -

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade emitiu este xoves un comunicado no que reivindica as distintas protestas convocadas nas rúas e prazas varias vilas da comarca, en forma de concentracións ou manifestacións. O colectivo asegura que o feminismo tomará as rúas malia a pandemia “por responsabilidade social“, mantendo as medidas necesarias para evitar contaxios, froito dunha decisión “crítica e ponderada” e ante a “presión” exercida desde “moitos despachos e micrófonos” para deslexitimar as protestas, “incluso xurdindo o adxectivo perigoso: o verdadeiro perigo é calar ante esta xestión da crise deshumanizada, da que hai moitas persoas, principalmente mulleres, sufrindo e moi soas”.

O colectivo feminista profesa un “respecto absoluto” ás mulleres “que decidan ficar na casa“, pero reivindican que “a nosa tamén é unha decisión madura e pensando na colectividade“.

AMOSA “UN RESPECTO ABSOLUTO” POLAS MULLERES QUE FIQUEN NA CASA

“O que corre perigo é a nosa capacidade para defendernos dun sistema depredador ao que as persoas non lle importamos; corre perigo a nosa capacidade de identificarnos afectivamente cos sentimentos das outras persoas. Para as mulleres, a maiores, periga a nosa integridade como cidadás, como suxeitas posuidoras de dereitos”, remarca o Observatorio, cando “xorde o discurso máis misóxino e reaccionario: que non somos mulleres íntegras, que somos unhas tiparracas irresponsables, lexitímase o discurso de odio hacia as feministas e, incluso, se lle dá pé a xustificar a violencia“.

“Por outra banda, un discurso moderado, paternalista dunha equidistancia
ponzoñosa, dinos ‘protestade, pero en baixo, que se vos escoite, pero pouco’. Estes peros engrandecen a mensaxe machista de que a voz no espazo público non nos pertence”, salienta o colectivo feminista, e “cousifícanos, desposúenos dos nosos corpos e prívanos do dereito a reivindicarnos… Deixa entrever que as nosas loitas son esas celebracións das mulleres que se poden pospoñer“, engaden.

Polo tanto, argumentan, “o patriarcado non conseguirá que a vergoña, a irresponsabilidade e a culpa manchen as nosas convocatorias. Iremos con máis forza que nunca, responsables, coidándonos“, sostén o colectivo, que conclúe que “non nos conformamos con este mundo que nos empuxa ás marxes. Queremos vilas que miren hacia o futuro, onde a xustiza social non sexa un privilexio e onde se firmen compromisos sólidos de benestar con todas as persoas. O 8-M atravesaremos as gorxas de posibilidades de futuro e faremos máis vidas posibles”, finaliza a agrupación das feministas da Mariña Lucense.

MANIFESTO EN VÍDEO

Con motivo do Día Internacional da Muller, o colectivo feminista publicou nas redes o vídeo ‘Autodefensa: tempestade‘, onde varias mulleres dan voz a un texto de Sandra Saavedra Blanco.

A peza “desgrana o sentir de mulleres que militamos activamente no feminismo, ante este ataque virulento e criminalizador contra o 8-M”, expón o Observatorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...