Iniciosociedade"Este cole é unha ruína, non nos deixes sós": a petición en...

“Este cole é unha ruína, non nos deixes sós”: a petición en Change.org do Virxe do Carme

Os pais iniciaron unha recollida de sinaturas para instar á Xunta a mellorar as instalacións

Publicada o

- Advertisement -

A comunidade educativa do Ceip Vista Alegre levou á rede a súa loita por acadar unha reforma integral do centro ou un colexio novo, dados os problemas que causa a antigüidade dos edificios actuais.

Pais de alumnos do centro iniciaron en Change.org unha recollida de sinaturas dirixida á Consellería de Educación, instar á Xunta de Galicia a que acometa as obras demandadas.

MÁIS DE 50 ANOS

A antigüidade do Virxe do Carme, inaugurado no 1963, provoca desde hai anos dificultades no día a día do centro, tanto para os nenos coma para os docentes.

Edificios cheos de humidades, mobles que están desfeitos pola couza, fiestras que deixan pasar o aire ou a ausencia dunha pasarela para ir dun a outro dos tres edificios que compoñen o colexio son algúns dos problemas.

MÁIS DE 1.200 FIRMAS NUNHAS HORAS

Por iso, na petición de Change.org piden á comunidade de internet que non os deixe “sós” e que apoie a súa reivindicación. Nunhas poucas horas, máis de 1.200 persoas respaldaron a petición.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...