Sanidade mantén as restricións de nivel alto en Lourenzá

O resto de municipios da Mariña continúan en nivel medio, polo que a mobilidade segue permitida entre eles.

Consistorio de Lourenzá. GOOGLE MAPS

O subcomité clínico de expertos reunido este venres decidiu modificacións nos niveis de restricións dalgunhas áreas sanitarias e concellos galegos. Na provincia de Lugo, A Pobra do Brollón sobe a nivel máximo de restricións (que implica peche perimetral), mentres que Paradela súmase a Guitiriz e Lourenzá como municipios con restricións de nivel alto. As medidas entrarían en vigor ás 0:00 horas do vindeiro luns.

O resto de concellos mantéñense en nivel baixo, polo que seguirán tendo permitida a mobilidade entre eles e a apertura da hostalaría en terraza (ao 50%) e no interior (ao 30%).

A veciñanza de Guitiriz, Paradela e Lourenzá só poderá desprazarse entre estes tres termos municipais. Nestes lugares, bares e restaurantes só poderán abrir ao 50% no exterior. Na Pobra do Brollón non estará permitida a apertura do sector hostaleiro nin a mobilidade intermunicipal.

ÁREAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA

Por outra banda, o subcomité clínico decidiu levantar o peche perimetral nas áreas da Coruña e Pontevedra dende o vindeiro luns, co que a mobilidade nestes concellos dependerá unicamente da súa incidencia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here