IniciosociedadeDenuncian "censura" no Illa de Sarón de carteis sobre a folga do...

Denuncian “censura” no Illa de Sarón de carteis sobre a folga do 8-M, que examinou un garda civil

A CIG ve "autoritaria" a actitude da Xunta, que ordenou retirar uns pósters coa postura dos colectivos estudiantís sobre o paro, e "especialmente grave" a presenza do axente

Publicada o

- Advertisement -

A CIG denunciou este martes a “censura” de carteis de folga do 8-M, Día Internacional da Muller, no Instituto de Ensino Secundario (IES) Illa de Sarón de Xove, o que atribúe a unha “improcedente e arbitraria” actuación da Xunta de Galicia, en concreto á xefatura territorial de Educación da provincia de Lugo. De acordo co testemuño do sindicato nacionalista, un axente da Garda Civil “interesándose” polos propios pósters, un feito “anómalo” e “especialmente grave”.

A central explica que, no contexto do 8-M, a dirección do centro distribuíu aos representantes do alumnado, a través da xunta de delegadas, as informacións recibidas por parte de organizacións estudiantís sobre a folga do Día Internacional da Muller.

“Poucos días despois ten lugar unha chamada da xefa territorial de Educación de Lugo, que pide explicacións por este material informativo e demanda a retirada do mesmo dos taboleiros das aulas. O motivo que aduce finalmente é que os carteis incumpren o protocolo Covid-19. Horas máis tarde prodúcese outro feito anómalo no centro, a presenza dun axente da Garda Civil que non aduce nin achega xustificación, autorización, orde ou motivo para presentarse no centro e realiza unhas fotografías dos pósters co seu propio teléfono móbil”, relata a CIG.

O sindicato considera “correcto” o modo de prodecer do equipo directivo “no que respecta aos pasos dados no traslado de información ao alumnado, o que constitúe un exemplo de funcionamento democrático dunha institución académica”. Pola contra, considera “arbitraria” e “autoritaria” a postura da Xunta, que se “extralimitou nas súas funcións”. Ademais, concreta que pedirá información á Subdelegación do Goberno central “para coñecer se foi froito dunha orde expresa ou por iniciativa propia” a actuación do axente da Garda Civil, que “nos retrotrae a períodos tenebrosos da nosa Historia recente”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...