IniciosociedadeArrinca a campaña do Día do Pai, na que o comercio do...

Arrinca a campaña do Día do Pai, na que o comercio do casco de Viveiro sorteará 1.500 euros en premios

Os clientes entrarán na rifa de dez caixas sorpresa de experiencias, cinco delas nas tendas e outras cinco na hostalería, cun importe de 150 euros por cada unha

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) pon en marcha a partir deste mércores 10 de marzo a campaña do Día do Pai. O colectivo premiará a fidelidade dos clientes con 1.500 euros en premios, sorteando cinco caixas sorpresa ‘Experience comercio local‘ e outras cinco ‘Experience gastronomía local‘, cun importe de 150 euros por cada unha delas.

As caixas ‘Experience comercio local’ están compostas por diferentes produtos e servizos dos negocios asociados ao CCHV, mentres que as ‘Experience gastronomía Local’ ofrecerán unha cea ou comida en familia en calquera dos negocios de hostalería que forman parte da asociación. O contido detallado de cada caixa será unha sorpresa ata o momento no que se faga entrega aos gañadores.

Os interesados poderán participar depositando un tique de compra de mínimo 20 euros nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ao CCHV. Permitirase a acumulación de varios recibos de cantidades inferiores ata completar a suma mencionada. Poderán participar quenes realicen compras entre o mércores 10 e o xoves 18 de marzo. O sorteo será o día 23, ás 16.00 horas nas oficinas da agrupación, e comunicaráselle de inmediato aos gañadores. No caso de renuncia, extraerase un novo tique.

As bases da campaña e tódala información podese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.

“Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra banda fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro”, conclúe o CCHV.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...