IniciosociedadeRematadas as obras de reforma no parque infantil de Trabada

Rematadas as obras de reforma no parque infantil de Trabada

A área de Mocidade da Deputación, que dirixe a nacionalista Mónica Freire, investiu 16.200 euros nun convenio de colaboración co Concello para executar as actuacións

Publicada o

- Advertisement -

A área de Mocidade da Deputación de Lugo comunicou o remate das obras de renovación do parque infantil de Trabada, realizadas nos últimos meses en virtude dun convenio de colaboración entre a área dirixida pola nacionalista Mónica Freire e o Concello.

Os traballos levados a cabo nas últimas semanas permitiron renovar por completo esta dotación pública para o uso de crianzas e familias do concello mariñao. As actuacións incluíron a substitución do pavimento por unha superficie de caucho e a instalación de diversos xogos para nenos de ata nove anos.

Ademais, a intervención permitiu mellorar a seguridade do recinto xa que se pechou o espazo cun valado que protexe os menores dos vehículos que acceden ao aparcadoiro próximo.

Freire sinalou que “co remate das obras, cumprimos o compromiso adquirido na sinatura do convenio de ter listas as instalacións de cara a primavera, cando se dan as mellores condicións para que os nenos desfruten do xogo ao aire libre polo tempo e polas horas de luz”.

A deputada nacionalista incidiu en que “desde a área de Mocidade concebimos estes espazos de ocio ao aire libre como un dereito da cidadanía, e especialmente das nenos e nenos, que precisan espazos de calidade e seguros para o xogo e a convivencia con iguais, máis aínda nesta situación de pandemia que nos tocou vivir”.

Mocidade destinou 16.200 euros á renovación do parque, realizada pola empresa pública Tragsa, na súa condición de medio propio da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...