IniciosociedadeO persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Foz recibe a...

O persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Foz recibe a vacina contra o Covid-19

Onte foi a quenda das auxiliares de máis de 55 anos e hoxe será a das menores desa idade

Publicada o

- Advertisement -

O persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Foz está recibindo a vacina contra o Covid-19 desde onte, martes e hoxe, mércores.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “no Hospital Público da Mariña están sendo vacinadas as auxiliares do SAF do Concello de Foz, seguindo os criterios da Xunta de Galicia e os protocolos sanitarios. Fano por tramos de idades: onte ás de máis de 55 anos e hoxe ás de menos de 55 anos”.

Rojo engade que o persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Foz está sendo vacinado agora “polos criterios do departamento de Sanidade da Xunta de Galicia, despois de que o Concello enviara no seu momento, en tempo e forma, os datos e as autorizacións de todas as auxiliares”.

POLÉMICA ENTRE CONCELLO E PP

“O Concello de Foz sigue dando resposta día tras día e con determinación a este enorme desafío que nos tocou vivir e que vamos deixalo atrás todos xuntos”, comentou a concelleira. O atraso na vacinación das traballadoras do SAF motivou a polémica entre o Concello e o PP, que atribuía ao executivo municipal a dilación, respondendo este que a Xunta non enviara as vacinas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...