IniciosociedadeEstabilidade na Mariña: doce concellos sen casos en sete días e dous...

Estabilidade na Mariña: doce concellos sen casos en sete días e dous positivos ingresados no Hospital

Viveiro, Burela, A Pontenova e Lourenzá, que seguirá con restricións de nivel alto, son os únicos municipios da comarca que rexistraron algún contaxio na última semana

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 244, 38 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse seis positivos novos por PCR.

Dos 244 contaxiados, 26 permanecen ingresados (seis deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 20 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (13), o centro hospitalario de Monforte (cinco) e o Hospital Público da Mariña, que actualmente atende dous positivos.

No histórico da provincia documéntanse 210 defuncións, 11.349 altas e 11.808 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 192.697 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 333 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, só Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada do virus de entre 11 e 25 casos por 100.000 residentes), Burela (entre 11 e 25), A Pontenova (entre 26 e 75) e Lourenzá (entre 26 e 75 positivos por 100.000 residentes), que continuará con restricións de nivel alto, rexistraron entre un e nove positivos nos últimos sete días. O resto dos concellos mariñaos non teñen positivos confirmados nese mesmo prazo dunha semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...