IniciosociedadeCincocentos mariñaos e outros 2.000 lucenses de entre 50 e 55 anos...

Cincocentos mariñaos e outros 2.000 lucenses de entre 50 e 55 anos serán vacinados o sábado

O Sergas iniciará a fin de semana a vacinación das persoas desta franxa de idade, comezando pola letra H; os usuarios comezarán a ser avisados a partir de mañá

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou que iniciará o sábado a vacinación das persoas incluídas no grupo de idade de 50-55 anos, que a partir deste xoves comezarán a ser citadas informándoas do día, lugar e hora para recibir a vacina contra o coronavirus. Segundo as mesmas fontes, comezarase pola letra H.

A vacinación deste colectivo realizarase nos tres hospitais da provincia, para un total de 2.500 vacinas previstas na xornada do sábado. Na Mariña 500 persoas recibirán a vacina, de acordo coa mesma previsión; no Hospital Universitario Lucus Augusti vacinarase ese mesmo día a 1.700 lucenses de entre 50 e 55 anos, e no centro hospitalario de Monforte poñerase a primeira dose do antídoto contra a Covid-19 a 300 cidadáns.

Preguntadas sobre o ritmo de vacinación nas outras franxas de idade, as fontes do Sergas non concretan a situación, que é “moi variable” dependendo dos casos. Maiores e traballadores das residencias, así como profesionais sanitarios, foron os primeiros en recibir a vacina. No tocante aos maiores de 80 anos, comezouse o pasado 22 de febreiro. Tamén comezou a subministrarse o antídoto a docentes e integrantes das forzas e corpos de seguridade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...