IniciosociedadeA asociación de axuda ao enfermo mental busca logo para as súas...

A asociación de axuda ao enfermo mental busca logo para as súas Galletas Mariñas

O colectivo convoca un concurso con 600 euros de premio para a mellor proposta de distintivo

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña crea o I Certame Galletas Mariñas para elaborar o logotipo do novo produto elaborado ó abeiro do proxecto de integración na comunidade “Mental Health Chefs”, “Cocineros de la Salud Mental”.

As bases están depositadas ante notario e pódese acceder a elas tamén a través do Facebook e páxina web da entidade. O premio será de 600 euros para o gañador e os participantes terán ata o próximo 30 de abril ás 23.59 horas para entregar os seus traballos.

VENDERANSE DESDE ESTA FIN DE SEMANA

Asimesmo, como o obradoiro artesán liderado pola chef Lola Rouco xa está en marcha, sacaranse ao mercado esta fin de semana, o primeiro lote de Caixas de Galletas Mariñas, unha edición especial para o Día do Pai, a un prezo de cinco euros.

Os puntos de colaboración e venta das galletas dende este sábado son:
–O Lugar das Marías en Xove
–Regal Fonte Nova en Viveiro
–A Casa da Avoa en Burela
–A Campanilla en Cervo
–A Sacabeira en Sargadelos
–A Aldea de Manín en Ribadeo

Así mesmo, tamén estarán á venta no centro de rehabilitación psicosocial e laboral de Burela, ata fin de existencias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...