IniciosociedadeUns 40 comercios de Burela ofrecerán desde o xoves descontos de ata...

Uns 40 comercios de Burela ofrecerán desde o xoves descontos de ata o 80% no ‘Choio Weekend’

Participarán na campaña, ata o sábado inclusive, tendas de moda, calzado, decoración, deportes ou xoiería, entre outras, a fin de animar as compras antes do Día do Pai

Publicada o

- Advertisement -

Arredor de 40 comercios de Burela participarán entre mañá xoves e o sábado 13 de marzo, no ‘Choio Weekend‘, impulsado por un grupo de socios do Centro Comercial Aberto. As tendas e negocios participantes ofrecerán descontos de ata o 80%, a fin de animar as compras co horizonte do Día do Pai.

Cada tenda, de diversos sectores, ofrecerá o seu propio desconto. Así, Alain Afflelou terá ata o 80% de desconto en zona outlet; Almayo, o 20% en toda a exposición; Ajuar, ata o 50% nunha selección de artigos; Atmosfera Sport, dous por un; Battykano, produtos a cinco, dez e quince euros.

Bazar de Tere ofrecerá descontos de ata o 50%; Bolsos Beli, rebaixa de prezos dos produtos en stock; Calzados Tomás, ata o 40% en stocks de inverno e primavera-verán; Caroa, ata o 70% en produtos de época invernal; Chamorro ofrecerá descontos en stocks; Coco Jatay fará rebaixas de ata o 80%; Corina aplicará o 20% en roupa de bebé e tamén en sabas e edredóns de inverno; Decoraciones Pura, fin de stocks de outono-inverno e complementos e decoración; Don Zapato, ata o 50% en artigos seleccionados; El Mundo de Sofía, 50% en inverno e outlet.

El y Ella Joven; zona outlet con 50% de desconto; Fragance & Colors, ata 70% en stocks de inverno; Isabella, roupa e calzado con 50%; Jaime Santomé, 50% en stock de inverno; Joyería Porto, 30% de desconto en complementos Tous inverno e 40% en tempadas anteriores; Kayla estética, 50% en cosméticos; Ktivos, 50% en roupa e calzado; La Quinta de Catycris, ata 70% en stocks de inverno; Lanas Pacita, 50% en lás de fantasía e telas de inverno; Librería Nobel terá unha selección de libros a 5,95 euros; Mercería Paca, 30% de desconto en lás de tempada; Mimitos, ata o 50% nunha selección de artigos; Misstic, descontos en stocks; Noel López Pinín dietética e nutrición, 50% desconto en artigos seleccionados.

Nora Moda terá artigos ata co 70% de desconto e outros rebaixados a dez e 20 euros; O Lar do Pintor, 50% e artigos a un, tres e cinco euros; Peluquería Campón, 30% en produtos en stock; Reme Peluqueros, 40% en labiais, colorete, perfiladores, bases de maquillaxe e sombras; QDetalle, batas e pixamas de inverno a dez euros e artigos co 20% de desconto; Rosa y Azul, rebaixas de ata o 60% e zona outlet; Sadiya Moda, artigos a cinco, dez, 15 e 20 euros; Strass, ata 70% en artigos seleccionados, e outros a cinco, dez e quince euros; Van Surf, dous por un; Vodafone Burela, 50% en accesorios de móbiles e tablets; Zalo Moda, 20% en nova tempada e 60% nos produtos de inverno.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...