Baixa a taxa do virus en Viveiro e sobe en Lourenzá; A Pontenova non confirmou novos casos en en 7 días

Continuidade no Hospital Público da Mariña, con dous pacientes positivos ingresados

Paso de peóns nunha rúa de Viveiro. EFE/ELISEO TRIGO

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 236, oito menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse 17 positivos novos por PCR.

Dos 236 contaxiados, 24 permanecen ingresados (seis deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 18 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (doce), o centro hospitalario de Monforte (catro) e o Hospital Público da Mariña, actualmente con dous positivos.

No histórico da provincia documéntanse 210 defuncións, 11.376 altas e 11.827 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 193.322 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 625 probas.

No que atinxe á evolución epidemiolóxica por municipios, Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada de menos de dez positivos por 100.000 habitantes), Burela (entre 11 e 25) e Lourenzá (entre 126 e 250, mentres que onte movíase entre os 26 e os 75 contaxios por 100.000 residentes), que continuará con restricións de nivel alto, son os municipios da Mariña que teñen algún caso confirmado nos últimos sete días, con entre un e nove. Sae desta lista A Pontenova, que non rexistrou novas infeccións na última semana.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here