IniciosociedadeA Lotería Nacional deixa un segundo premio en Burela

A Lotería Nacional deixa un segundo premio en Burela

Un boleto do 24.339, dotado con 60.000 euros ao número, vendeuse no bar Vista Alegre

Publicada o

- Advertisement -

O sorteo do Xoves da Lotería Nacional deixou un segundo premio na localidade lucense de Burela, concretamente nun boleto do número 24.339, dotado con 60.000 euros ao número.

Segundo informou a Delegación Comercial de Loterías e Apostas do Estado en Lugo, o número premiado foi vendido na Cafetería Vista Alegre de Burela, situada na rúa Arcadio Pardiñas da localidade mariñá.

Tamén se venderon boletos premiados do número 24.339 en Ourense -na rúa Eulogio Gómez Franqueira- e Santiago de Compostela, en concreto no polígono do Tambre, entre outras localidades, como Cádiz, Málaga, Telde (Las Palmas) ou Zaragoza, de acordo coa mesma fonte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...