A Xunta habilitará unha liña de bus dous días á semana entre Muras e Viveiro

Funcionará os martes e os xoves, con saída da capital murega ás 7.45 horas e regreso ás 15.15

Autobuses nas plataformas da estación de Viveiro. AXM

A Xunta de Galicia anunciou a través dun comunicado de prensa que mellorará a conexión en transporte público entre Muras e Viveiro cunha nova ruta de autobús que funcionará os martes e os xoves laborables en horario de mañá.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explicou que o autocar sairá de Muras ás 7.45 horas e o regreso será ás 15.15 horas na mesma liña que xa vén cubrindo o traxecto de Viveiro a Lugo de luns a venres, que inclúe varias paradas no concello de Muras.

O servizo comezará a funcionar o próximo martes e terá unha duración de 40 minutos, coas mesmas paradas que a ruta ordinaria Lugo-Viveiro, que polas mañás sae da capital luguesa ás 9.00 horas e chega ao concello mariñao ás 11.45.

REFERENCIA PARA TRABALLO E TRÁMITES

Arias explicou que a medida responde a unha “demanda de veciños e veciñas” de Muras que pedían facilidades para viaxar máis cedo en días laborables a Viveiro, a onde teñen que desprazarse a miúdo para realizar “trámites administrativos“, por motivos de traballo ou para facer uso de servizos ou equipamentos situados nese municipio.

O delegado territorial destacou que a Xunta traballa na procura de solucións “para que o servizo de transporte público se adapte ás necesidades percibidas en cada momento e teña en conta as particularidades de cada zona”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here