IniciosociedadeBarreiros inicia a execución forzosa para a limpeza de 23 fincas

Barreiros inicia a execución forzosa para a limpeza de 23 fincas

Buscarase a través do BOE aos donos doutras 13 parcelas cuxos propietarios son descoñecidos ou non recolleron a notificación para que actúen sobre as mesmas

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de decretar o inicio da execución forzosa para a limpeza de 23 fincas que foron notificadas polo Concello e cuxas propiedades desatenderon os requirimentos, pese a telos recibido. Ao mesmo tempo, 13 parcelas cuxos propietarios son descoñecidos ou non recolleron a notificación, serán notificados a través da publicación no BOE, que se prevé para o 18 deste mes.

En ambos casos, establécese un prazo de 15 días para a realización das labores e, en caso de non realizalas, as multas de 1.000 euros serán efectivas transcorrido dito prazo; reiterándose trimestralmente e podendo chegar as sancións aos 10.000 euros.

Paralelamente, poderán iniciarse os correspondentes expedientes sancionadores, cuxas sancións se sumarán ás multas coercitivas.

Igualmente, o Concello poderá realizar as labores necesarias para o adecentamento das fincas, pasándolle o custe á propiedade.

Ermida explica que o goberno municipal leva desde o inicio do mandato procurando unha “mellora da imaxe do municipio” e a colaboración dos propietarios de fincas en estado de abandono para o seu mantemento. A alcaldesa manifestou que en moitos casos conseguiuse que se atendese aos requirimentos feitos e, “precisamente por iso, por igualdade e xustiza para aquelas persoas que manteñen as súas fincas en bo estado por un ben común como é a boa imaxe e a salubridade da veciñanza, temos o firme convencemento de seguir adiante cos expedientes de limpeza de fincas”.

MOITAS DAS PARCELAS “PERTENCEN A EMPRESAS OU ENTIDADES BANCARIAS”

A rexedora manifestou que “unha parte destas parcelas pertencen a empresas ou entidades bancarias que no seu momento as adquiriron e que non realizan as oportunas labores de mantemento, polo que non podemos permitir que haxa veciñas e veciños que cumpran escrupulosamente coas súas obrigas e outras que non o respecten”.

No caso das parcelas cuxa propiedade se descoñece ou non recibe as notificacións, serán notificadas por medio dunha publicación no BOE, tal e como prevé a lei, para posteriormente continuar co expediente, podendo mesmo o Concello asumir as tarefas. A dificultade para localizar as persoas propietarias destes inmobles á hora de que asuman os gastos, podería abrir a porta mesmo á expropiación das parcelas.

LEI DE INCENDIOS

Ermida informou igualmente de que nos vindeiros días o Concello iniciará tamén expedientes de execución forzosa para a retirada de plantacións forestais que incumpren a lei de incendios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...