IniciosociedadeComezan as obras de reparación do muro do cemiterio de Viveiro

Comezan as obras de reparación do muro do cemiterio de Viveiro

Con esta intervención preténdese solventar os problemas de asentamento que apareceron nesa parte do camposanto, que se incrementaron a raíz da riada acontecida de novembro de 2018

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou que este luns deron comenzo as obras de reparación de parte do muro do Cemiterio Municipal de Altamira, en concreto a esquina situada contra o apeadoiro de tren na Ponte Labrada.

Con esta intervención preténdese solventar os problemas de asentamento que apareceron nesa parte do cemiterio municipal, que se incrementaron a raíz da riada acontecida en Viveiro en novembro de 2018, que causaron graves destrozos materiais en diferentes lugares do concello, moi especialmente no barrio de Xunqueira e que tamén afectaron ao Cemiterio Municipal de Altamira.

A DEPUTACIÓN FINANCIA AS ACTUACIÓNS

Para a execución desta obra, “de gran complexidade, debido ao mal acceso a esa zona en concreto”, o Concello de Viveiro solicitou a colaboración tanto técnica como económica da Deputación de Lugo, resalta o goberno local a través dun comunicado de prensa.

Foi a propia Deputación a encargada de licitar e encargar a redacción do proxecto, que actualmente se está executando, asumindo, así mesmo, todos os gastos da obra.

“Dende o primeiro momento, o Concello de Viveiro solicitou a colaboración da Deputación de Lugo tendo en conta que se trataba dunha obra dificultosa na súa execución, adoptando como medida previa á execución dos novos muros o apuntalamento das zonas en mal estado. A necesidade de actuar nesta zona obrigou ao concello de Viveiro a adquirir as parcelas que limitan con este muro, co fin de non perxudicar a ningún particular con estes apuntalamentos”, indica o executivo municipal.

“Co fin de aclarar posibles dúbidas ao respecto desta actuación, quérese poñer de manifesto que o oco existente na fachada lateral esquerda do cemiterio, tapada cunha rede metálica, se realizou hai máis de 20 anos, con motivo das obras de ampliación do cemiterio municipal. Esta apertura, aínda que non resulta moi estética, fai un gran servizo para o acceso con maquinaria debido a que as súas entradas principais todas teñen escaleiras ou as portas son moi estreitas”, conclúe o Concello viveirense.

O PP ANUNCIARA UNHA MOCIÓN

O portavoz municipal dos populares, Óscar Rodríguez, anunciou na mesma mañá deste luns unha moción para solicitar o arranxo do muro, considerando “inadmisible” que o goberno presidido pola socialista María Loureiro “non fora capaz en dous anos de acometer a reparación do muro”.

Rodríguez expuxera o que valo metálico que cubre o oco provocado polo derrube “é un caso de feísmo” e afirmara que “son moitos os veciños que expresan queixas pola falta de reparación do muro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...