IniciosociedadeO Hospital da Mariña queda cun único paciente positivo en Covid-19

O Hospital da Mariña queda cun único paciente positivo en Covid-19

Viveiro, Xove, Burela e Riotorto son os únicos concellos da comarca con algún caso novo nos últimos sete días

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 188, cinco menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse dous positivos novos por PCR.

Dos 188 contaxiados, doce permanecen ingresados (tres deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os nove pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (oito) e o Hospital Público da Mariña, que atende un positivo, un menos ca onte.

No histórico da provincia documéntanse 211 defuncións, 11.556 altas e 11.960 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 201.018 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 466 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada menor a dez positivos por 100.000 habitantes), Xove (con entre 76 e 125), Burela (con entre 76 e 125) e Riotorto (con entre 76 e 125) son os concellos da Mariña que rexistraron algún contaxio novo nos últimos sete días, sempre por debaixo dos dez casos. Os restantes termos municipais da comarca non documentaron novas infeccións nese mesmo prazo dunha semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...