O Sergas chama ao doente que esperaba desde hai oito meses por un cateterismo

A plataforma sanitaria da Mariña lamenta que a atención funcione "a golpe de denuncia ou de publicación no xornal"

Hospital da Costa. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O paciente do Hospital da Costa que denunciou que levaba oito meses de espera por un cateterismo necesario para saber se precisaba dunha operación nunha válvula cardíaca recibiu a chamada do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e realizou nos últimos días o exame.

Isto ocorre unha semana despois de que os medios de comunicación da bisbarra publicasen unha nota que explicaba o caso, remitida pola Plataforma Na Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Tratábase dunha proba de especial relevancia para este paciente, unha persoa maior que precisa facer tamén unha biopsia urolóxica, que o servizo de uroloxía non realiza sen un cateterismo previo.

O colectivo lamenta “que a atención sanitaria funcione a golpe de denuncia ou de publicación nos xornais” e que “haxa quen presume de xestión cando somos nós os que lles estamos a facer o traballo”. 

1 COMMENT

  1. Esta éunha mostré do bo funcionamento que ten este noso hospital e do que val millorar agora que suprimiron a nosa área sanitariz. Moito conformismo e del aproveitanse

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here