IniciosociedadeAberto o prazo das axudas autonómicas para a adquisición de vivendas no...

Aberto o prazo das axudas autonómicas para a adquisición de vivendas no casco histórico de Viveiro

As subvencións poderán ser de máximo o 20% do importe da vivenda, cun límite de 10.800 euros para os maiores de 35 anos e de 12.800 euros para os menores desa idade

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que o Diario Oficial de Galicia publicou na xornada de onte, 15 de marzo, a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

O casco antigo de Viveiro atópase entre as zonas nas que a compra de vivendas está subvencionada e a Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico proporciona información sobre estas axudas e a súa tramitación.

ABERTAS A TODOS OS SOLICITANTES MAIORES DE IDADE

Esta liña de axudas xa se convocara no ano 2019 orientadas persoas menores de 35 anos, coa intención de axudar á mocidade a afrontar a emancipación e o acceso a unha vivenda en propiedade, así como revitalizar e pór en valor os centros históricos.

Porén, nesta nova convocatoria introducíronse unha serie de cambios dirixidos a favorecer o asentamento de nova poboación nos conxuntos históricos, independentemente da súa idade, contribuíndo á dinamización social, económica e patrimonial destes ámbitos.

Deste modo, os beneficiarios poderán ser calquera persoa física maior de idade, en lugar de menor de 35 anos como en convocatorias anteriores.

Ademais, increméntase o límite máximo de ingresos esixido para acceder á condición de persoa beneficiaria, co fin de adecualo aos actuais prezos do mercado inmobiliario neses ámbitos, e modifícase a contía destas axudas. As axudas poderán ser de máximo o 20% do importe da vivenda, cun límite de 10.800 euros para os maiores de 35 anos e de 12.800 euros para os menores de 35 anos.

Para poder beneficiarse destas axudas é preciso cumprir certos requisitos, como ter uns ingresos inferiores ó 5,5 IPREM, non ter vivenda en propiedade, non ter débedas coas administracións, entre outros.

As vivendas obxecto da subvención deberán estar ubicadas no espazo delimitado polo Plan Especial de protección e reforma interior do casco antigo (PEPRI), aprobado definitivamente o 7 de agosto de 1997, cuxo plano se achega. Ademais, deben estar destinadas a vivenda habitual e permanente, entre outros requisitos.

O PRAZO REMATA O 30 DE SETEMBRO

Doutra banda, estas axudas poden ser solicitadas polas persoas que tiveran formalizado contrato privado ou escritura pública de compra venda con data posterior a 1 de xaneiro a 2021. Por último, o prazo de solicitude destas axudas remata o día 30 de setembro de 2021.

Para recibir máis información ou tramitar a solicitude da axuda, as persoas interesadas poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, situada na Praza Maior, 1; ou chamar ao teléfono 982.562.968.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...