IniciosociedadeViveiro non rexistrou casos de Covid-19 nos últimos 14 días

Viveiro non rexistrou casos de Covid-19 nos últimos 14 días

A taxa de incidencia acumulada mantense en Xove, Lourenzá e Ribadeo, os únicos tres concellos con positivos; o Hospital da Mariña atende tres pacientes contaxiados

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 210, cinco menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse dez positivos novos por PCR.

Dos 210 contaxiados, 23 permanecen ingresados (cinco deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 18 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (once), o centro hospitalario de Monforte (tres) e o Hospital Público da Mariña, que atende tres positivos.

No histórico da provincia documéntanse 210 defuncións, 11.473 altas e 11.898 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 197.854 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 736 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Xove (cunha taxa de incidencia acumulada de menos de entre 26 e 75 positivos por 100.000 habitantes), Ribadeo (entre 11 e 25) e Lourenzá (entre 76 e 125) rexistraron algún contaxio nos últimos sete días. O resto dos municipios da Mariña, incluído Viveiro, que sae desa lista, non confirmaron casos neste mesmo prazo dunha semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...