IniciosociedadeBurela sensibilizará sobre a inmigración con charlas nos centros educativos

Burela sensibilizará sobre a inmigración con charlas nos centros educativos

Estas conferencias co alumnado comezan o 18 de marzo no IES Monte Castelo e serán impartidas pola pedagoga Kateline de Jesús Brito Tavares, ex alumna deste instituto

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela organiza actividades para fomentar a sensibilización nos menores. Van dar comezo mañá, 18 de marzo e seguirán a vindeira semana.

A edil desta área, Noelia Mª Ben, explicou que “programamos charlas de sensibilización e motivación para a mellora de aspectos socioeducativos destinadas ao alumnado de 5º de educación primaria e 2º de educación secundaria dos colexios e institutos de Burela. Estas charlas co alumnado comezan o 18 de marzo no IES Monte Castelo e serán impartidas pola pedagoga Kateline de Jesús Brito Tavares, ex alumna deste instituto e desenvolveranse nos catro centros educativos do municipio”, concretou.

A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración agradécelle á pedagoga “a súa implicación e colaboración desinteresada coas actuacións que se desenvolven dende o Programa de Integración a Inmigrantes”.

Ben contou que “tamén organizamos a Ocainmigrante para o alumnado de 3º e 4º de primaria dos Ceips municipais, Vista Alegre e Virxe do Carme, coa colaboración da Aula de Medio Ambiente Gaia o día 24 e 25 de marzo. Con esta actividade queremos sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea. Mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo, a inseguridade e o desamparo, a acollida, a pobreza, a tolerancia e o respecto, as guerras, a marxinación, os malos salarios, o rexeitamento, a integración, a inxustiza”, concluíu.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...