InicioSucesosInvestigan un menor en Ribadeo por cortar as rodas de dous vehículos

Investigan un menor en Ribadeo por cortar as rodas de dous vehículos

No Valadouro, unha veciña de 75 anos foi imputada en calidade de investigada por un delito de danos nunha leira

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Ribadeo a un menor como suposto autor dun delito de danos. Así o concretou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa.

Os feitos tiveron lugar na localidade de Ribadeo, cando o presunto autor supostamente cortou as rodas de dous vehículos. A persoa investigada foi posta a disposición de fiscalía de menores.

Por outra banda, a Garda Civil investiga a unha veciña do Valadouro, de 75 anos de idade como suposta autora dun delito de danos producidos nunha leira o pasado día 4 de marzo. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...