O acceso a Fuciño do Porco será libre de novo desde este venres ao rematar as obras

O pasado 8 de marzo iniciaranse actuacións de mantemento no popular recurso turístico do Vicedo tras producirse desprendementos de terras

Fuciño do Porco. GABRIEL GONZÁLEZ

O Concello do Vicedo anunciou este xoves que a partir de mañá, venres 18 de marzo, volverá a permitirse o acceso a Fuciño do Porco ou Punta Socastro. Desde o pasado día 8 do presente mes, a entrada á formación rochosa, un dos recursos turísticos máis visitados da Mariña Lucense, quedara restrixinda por mor de obras de mantemento.
O goberno local informou ese mesmo día de que se produciran desprendementos de terra nunha das zonas de Fuciño do Porco. As actuacións, executadas pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao e o propio Concello, xa remataron, polo que o acceso será libre desde o vindeiro venres. O executivo municipal, con todo, lembra que na actual situación de pandemia “hai que actuar con sentidiño e evitar aglomeracións“. En xullo e agosto é necesario reservar.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here