IniciosociedadeViveiro e Xove non rexistraron casos novos nos últimos sete días; si...

Viveiro e Xove non rexistraron casos novos nos últimos sete días; si Burela, Foz e Riotorto

O Hospital da Mariña segue a atender un único paciente con Covid-19, en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 177, oito menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse catro positivos novos por PCR.

Dos 177 contaxiados, once permanecen ingresados (tres deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (cinco), o Hospital Público da Mariña (un) e o centro hospitalario de Monforte (dous).

No histórico da provincia documéntanse 211 defuncións, 11.591 altas e 11.984 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 202.984 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 656 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro e Xove deixan a lista dos concellos que rexistraron algún positivo na última semana. No termo municipal viveirense, a taxa de incidencia acumulada por 100.000 habitantes a 14 días é menor a 25 casos, mentres que no xovense está entre os 51 e os 150 contaxios.

Burela (con entre 26 e 75 positivos por 100.000 residentes), Foz (con menos de dez) e Riotorto (con entre 126 e 250 contaxios por 100.000 habitantes) son os concellos da Mariña onde se detectou algún caso, sempre menos de dez, nos últimos sete días. No resto dos termos municipais da comarca non se localizaron novos contaxios nese mesmo prazo dunha semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...