IniciosociedadeA Plataforma Sanitaria da Mariña pide incrementar os cardiólogos no Hospital da...

A Plataforma Sanitaria da Mariña pide incrementar os cardiólogos no Hospital da Costa

Denuncia que "houbo semanas nas que só traballaba unha persoa".

Publicada o

- Advertisement -

Unha das portavoces da Plataforma Sanitaria da Mariña, Montse Porteiro, reclamou este venres, unha vez máis, ao Sergas, que incremente o número de cardiólogos para o hospital de Burela.

Segundo explicou, son tres médicos os que conforman este servizo actualmente, aínda que desde setembro “só exercen dous, dado que outro pediu a excedencia”. Montse Porteiro tamén apuntou que, recentemente, incorporouse outra cardióloga que se atopaba de baixa, “polo que houbo semanas nas que só traballaba unha persoa“.

Ante esta situación, desde a Plataforma piden que se “cubra” a excedencia do terceiro cardiólogo, algo que, afirma, non evita que sexan “precisos máis facultativos” no persoal deste centro. “É unha boa noticia que a profesional se incorporase xa, pero segue estando deficiente o servizo de cardiología do hospital”, protestou.

Porteiro aferrouse a que “cando estaba ao completo, co tres médicos, xa había deficiencias“. “Falamos de que se ten que atender a unha poboación de 70.000 habitantes e a patoloxía cardíaca é bastante prevalente na comarca e en xeral”, engadiu. A plataforma, concluíu, chegou a “facer reclamacións con xente que levaba un ano para facer probas diagnósticas e mesmo máis dun ano“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...