IniciosociedadePiden tres anos para unha funcionaria de Barreiros por modificar unha licenza...

Piden tres anos para unha funcionaria de Barreiros por modificar unha licenza dunha amiga

Realizou "da súa propia man" engadidos á solicitude orixinal unha vez que xa fora recibida no rexistro municipal.

Publicada o

- Advertisement -

Unha funcionaria do Concello de Barreiros enfróntase a unha petición de tres anos de cárcere e outros tres de inhabilitación para desempeño de cargo público por supostamente modificar unha solicitude dunha licenza administrativa para beneficiar a unha coñecida.

A vista por este caso, que se remonta ao ano 2006, arrincará o vindeiro luns na Audiencia Provincial de Lugo, onde esta traballadora deberá facer fronte a unha acusación por un delito de falsidade en documento público.

O Ministerio Fiscal sostén no seu escrito de acusación que a procesada, que no verán de 2006 desempeñaba funcións de auxiliar administrativo no concello de Barreiros, modificou unha solicitude de licenza presentada por unha coñecida.

A acuasada, segundo Fiscalía, realizou “da súa propia man” engadidos á solicitude orixinal unha vez que xa fora recibida no rexistro municipal. Todo iso co ánimo de beneficiar a esta persoa, polo que considera que a funcionaria cometeu un delito de falsidade en documento público.

Por este motivo, solicita tres anos de prisión e outro tres de inhabilitación para cargo público, así como unha multa de máis de 2.500 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...