IniciosociedadeSó Viveiro, Foz, Ribadeo e Riotorto rexistraron algún caso en sete días;...

Só Viveiro, Foz, Ribadeo e Riotorto rexistraron algún caso en sete días; sen positivos no cribado de Burela

O Hospital da Costa atende un único paciente con Covid-19, en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 175, 13 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse 18 positivos novos por PCR.

Dos 175 contaxiados, 13 permanecen ingresados (dous deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os once pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (sete), o Hospital Público da Mariña (un) e o centro hospitalario de Monforte (tres).

No histórico da provincia documéntanse 211 defuncións, 11.637 altas e 12.028 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 205.024 PCR.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada de entre 26 e 75 positivos por 100.000 habitantes), Foz (inferior a dez contaxios por 100.000 residentes), Ribadeo (entre 11 e 25) e Riotorto (entre 126 e 250) rexistraron algún caso nos últimos sete días, sempre menos de dez, mentres que no resto dos concellos da Mariña non se localizaron novas infeccións nese mesmo prazo dunha semana.

Segundo informou o Sergas, no cribado masivo de Burela, con arredor de 500 probas, non houbo resultados positivos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...