Iniciosociedade"Ducias de veciños desatendidos" na Pontenova ao non cubrir o Sergas a...

“Ducias de veciños desatendidos” na Pontenova ao non cubrir o Sergas a baixa dun médico

Un dos dous galenos do centro de saúde pontenovés leva tres días inactivo por enfermidade, sen que a Xunta cubrise a súa praza

Publicada o

- Advertisement -

O municipio da Pontenova leva tres días cun só médico, xa que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non cubre a baixa dun galeno que padece unha enfermidade.

O alcalde da Pontenova, o socialista Darío Campos, denuncia que “ducias de veciños non están a ser atendidos” e esixe á Xunta de Galicia que “solucione esta situación inmediatamente”.

Como vai facer un único médico para atender todas as consultas que antes atendían tres e ao mesmo tempo desprazarse a unha urxencia a un domicilio?”, pregúntase o rexedor.

“DE TRES MÉDICOS A UN”

O centro de saúde pontenovés contaba recentemente con tres médicos e pasou a dispor de dous logo de que o Goberno galego non suplise a xubilación dun dos profesionais, malia que 1.500 veciños asinaron para que se mantivese a praza.

Campos subliña que, nunha reunión con representantes da Xerencia de Atención Primaria do Sergas, “prometéusenos que solucionarían calquera problema ou incidencia que poidese xurdir, como unha baixa por enfermidade. Non o están a facer”, resalta.

POBOACIÓN VELLA E DISPERSA

O alcalde da Pontenova afirma que “coa saúde non se xoga, porque somos persoas, non números,” e lembra que o municipio ten 2.300 habitantes, “dos que máis do 35% son maiores”.

Ademais, advirte da dificultade de abranguer un concello caracterizado pola dispersión poboacional, con “67 núcleos de poboación e 17 habitantes por quilómetro cadrado”.

PSX

O alcalde engade que “tamén lles reclamamos que cubrisen a praza vacante de Persoal de Servizos Xerais (PSX), que atende as chamadas ao centro de saúde para pedir cita ou ser atendido nas casas. Contamos con só un, que non pode asumir todo o traballo”, lamenta.

Así, Campos indica que por este motivo “moitas chamadas son derivadas a unha central de Santiago que non soluciona os problemas e os veciños teñen que desprazarse en taxi ou cun familiar ata o centro de saúde para facer xestións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...