IniciosociedadeCinco concellos da Mariña rexistraron algún positivo novo nos últimos sete días

Cinco concellos da Mariña rexistraron algún positivo novo nos últimos sete días

Son Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo e Riotorto; o Hospital da Costa segue a atender a un único paciente con Covid-19, en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 168, sete menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse tres positivos novos por PCR.

Dos 175 contaxiados, 14 permanecen ingresados (dous deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os doce pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (oito), o Hospital Público da Mariña (un) e o centro hospitalario de Monforte (tres).

No histórico da provincia documéntanse 211 defuncións, 11.647 altas e 12.031 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 205.349 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 325 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada de entre 26 e 75 positivos por 100.000 habitantes), Burela (entre 11 e 26), Foz (inferior a dez contaxios por 100.000 residentes) Ribadeo (entre 11 e 25) e Riotorto (entre 126 e 250) rexistraron algún caso nos últimos sete días, sempre menos de dez, mentres que no resto dos concellos da Mariña non se localizaron novas infeccións nese mesmo prazo dunha semana.

O Vicedo, Ourol, Cervo, Barreiros, Trabada, A Pontenova, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro non teñen positivos novos desde hai alomenos dúas semanas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...