IniciosociedadeO BNG demandará no Parlamento a mellora do servizo de fisioterapia na...

O BNG demandará no Parlamento a mellora do servizo de fisioterapia na Mariña

A formación nacionalista proporá dotar de profesionais os centros de saúde de Ribadeo, Viveiro, Foz e Burela e aumentar o número de médicas rehabilitadoras no Hospital da Costa

Publicada o

- Advertisement -

O BNG anunciou o pasado sábado nunha rolda de prensa que demandará no Parlamento de Galicia a mellora do servizo de fisioterapia na Mariña. O deputado nacionalista Daniel Castro proporá dotar de profesionais os centros de saúde de Ribadeo, Viveiro, Foz e Burela e aumentar o número de médicas rehabilitadoras no Hospital da Costa.

Segundo resalta a formación frontista, “a situación da sanidade pública da Mariña continua a ser de extrema precariedade“, posto que “a inmensa maioría dos servizos sanitarios presentan eivas tanto na cantidade de persoal como na cantidade de medios e o servizo de fisioterapia tamén está a sufrir estas carencias”. O BNG entende que a orixe desta “merma” da calidade asistencial é “a supresión da área sanitaria por parte do Partido Popular“.

Castro salienta o feito de que “o Hospital da Mariña conte só cunha médica rehabilitadora para preto de 70.000 habitantes, o que da fe da sobrecarga de traballo na que están inmersas as profesionais, e que se fai ainda maior se se ten en conta que no centro de saúde de Burela non existe este servizo“.

O parlamentario nacionalista tamén afirmou que “este problema non se circunscribe soamente ao concello de Burela, xa que a ausencia de profesionais desta especialidade pode dicirse que está xeralizada na totalidade da comarca. Deste xeito observamos como tanto no concello de Viveiro e no de Ribadeo os seus centros de saúde non contan con servizo de fisioterapia na quenda de tarde“.

INSTALACIÓNS “INFRAUTILIZADAS”

“Isto ademais dá lugar a unha situación canto menos estraña na que na atención primaria dispoñemos de instalacións que están infrautilizadas, dotadas de material, nas que faría falta contratar fisioterapeutas para darlles total rendemento, alixeirar as agardas e evitar derivacións á privada que acaban sendo a última das consecuencias do desleixo deste servizo. Alén de todo isto, temos tamén os exemplos de Foz e Mondoñedo que a día de hoxe non teñen garantido a atención fisioterapéutica nos seus centros de saúde nas quendas de mañá e de tarde”, engadiu.

Na proposición non de lei presentada no Parlamento o BNG demanda dotar cun ou cunha profesional da fisioterapia para as quendas de tarde aos centros de saúde de Ribadeo e Viveiro, dotar así mesmo ao Centro de Saúde de Foz, unha vez exista o servizo de fisioterapia no concello de Mondoñedo, dun ou dunha profesional da fisioterapia máis na quenda de mañá e de dous ou dúas na quenda de tarde.

Demanda tamén dotar ao centro de Saúde de Burela dos servizos de fisioterapia nas quendas de mañá e tarde, así como aumentar o número de médicos e médicas rehabilitadoras no Hospital da Mariña en Burela. E a formación nacionalista pide tamén garantir que o servizo de fisioterapia respiratoria de atención temperá se poida realizar no propio Hospital da Mariña previa contratación doutro ou doutra profesional.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...