A Consellería de Política Social informou de que mantén aberto ata o vindeiro 12 de abril o prazo de inscrición para o curso 2021-22 nas nove escolas infantís públicas autonómicas da Mariña de Lugo, que poñen á disposición das familias 537 prazas.
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Xunta presta este servizo a través da Axencia Galega de Servizos Sociais e da rede Galiña Azul do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. En canto á distribución das prazas por concellos, ofértanse 161 en Burela, 114 en Foz, 99 en Ribadeo, 61 en Mondoñedo, 41 en Viveiro e O Valadouro e 20 en Alfoz.
GRATUIDADE PARA SEGUNDOS FILLOS E SUCESIVOS
Arias apuntou que o vindeiro curso será o segundo completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos nas escolas infantís da Xunta e tamén nas privadas, municipais e de iniciativa social.
Tamén salientou o esforzo realizado nos últimos meses polos profesionais deste nivel educativo para lograr que o curso se desenvolva con normalidade e con todas as garantías de seguridade. Destacou ademais o bo cumprimento das recomendacións sanitarias por parte das familias e dos nenos e nenas.
O seguinte cadro recolle as prazas que oferta cada escola:
ESCOLA INFANTIL |
PRAZAS OFERTADAS |
Virxe da Purificación (Foz) |
53 |
Nosa Señora do Campo (Ribadeo) |
99 |
Casa do Mar de Celeiro (Viveiro) |
41 |
REDE GALIÑA AZUL |
|
Alfoz |
20 |
Burela |
120 |
Burela-Os Castros |
41 |
Foz |
61 |
Mondoñedo |
61 |
O Valadouro |
41 |