IniciosociedadeBumei e afectadas particulares recorrerán o arquivo do caso dos vídeos da...

Bumei e afectadas particulares recorrerán o arquivo do caso dos vídeos da Maruxaina

A polémica chegou xa ao Valedor do Pobo. Tamén se iniciará unha recollida de sinaturas para levar ao Parlamento.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (Bumei), que exerce de acusación popular, así como varias afectadas a título particular, impulsaron recursos en contra do arquivo provisional por parte dun xulgado de Viveiro da causa aberta polas gravacións a 87 mulleres mentres ouriñaban durante as festas da Maruxaina, en San Cibrao, Cervo. Estes vídeos acabaron colgados en webs pornográficas.

Os recursos interpuxéronse en paralelo a varias iniciativas impulsadas polo sucedido. De feito, centos de persoas tomaron o pasado domingo as rúas da localidade de Cervo para reclamar ao xuíz que “recapacite” no arquivo do caso. Á espera da resposta –o xulgado ten que dar curso á Fiscalía–, as mesmas fontes apuntan que, se o desestimase, o seguinte paso sería ante a Audiencia Provincial de Lugo.

PARLAMENTO E VALEDORA DO POBO

Pero en paralelo, as afectadas e os colectivos que as apoian deron outros pasos, como a recollida de firmas para levar unha iniciativa á Cámara. Confían en obter o respaldo dos distintos grupos políticos.

Tamén a valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, tomou cartas no asunto e enviou un requirimento de información ao Concello de Cervo, entre outros pasos, aínda pendentes de resolución.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...