Cervo celebra os 80 anos de casados de José e María Herminia

María Herminia ten 96 anos e José cumprirá 99 neste mes de abril.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, con José e María Herminia, o matrimonio máis lonxevo deste concello / remitida

José López e María Herminia Crego roldan xa a centena. Viven na parroquia de Castelo, en Cervo, e ata alí foi o seu alcalde, Alfonso Villares, non tanto para desexarlles que cheguen ao cento de anos –que tamén–, senón para felicitalos polo seu 80 aniversario de vodas.

José, que fai 99 anos este mesmo mes de abril, e María Herminia, de 96, conforman o matrimonio máis lonxevo do concello. “Foi un auténtico privilexio poder compartir uns intres nesta data tan especial con esta parella”, dixo Villares.

José e María casaron un 12 de abril do ano 1941. “Desprenden unha enerxía e unha positividad que contaxian ao lembrar centos de anécdotas vividas cunha memoria envexable”, apuntou o rexedor que lles levou unha planta de agasallo polo aniversario e desexoulles que sigan compartindo moitas experiencias de vida con esa saúde da que gozan a día de hoxe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here