O Instituto Xeográfico Nacional (IXN) comezou a tramitar a solicitude do Principado de Asturias para que se oficialice o nome de ‘Ría do Eo‘ e tras evitar a Xunta entrar neste conflicto. Nestes momentos, o Estado usa o topónimo de Ría de Ribadeo para referirse ao estuario que separa Asturias e Galicia.
A oficialización de topónimos que afecten a máis dunha comunidade autónoma é competencia deste organismo estatal, que xa recibiu o informe que preparou a Dirección Xeneral de Política Llingüística do Principado de Asturias sobre o uso histórico da denominación Ría do Eo.
Neste informe, segundo indicou o Executivo asturiano, están recollidos datos que mostran o uso de Ría do Eo en textos administrativos e lexislativos, eruditos, insititucionales, históricos, xornalísticos, literarios ou cartográficos. Ábrese agora un proceso administrativo para determinar a denominación oficial da ría que fai de fronteira entre Asturias e Galicia.