InicioCentralO Hospital da Mariña volve atender un paciente diagnosticado con Covid

O Hospital da Mariña volve atender un paciente diagnosticado con Covid

O Sergas considera "estable" a situación sanitaria na provincia a pesar das leves repuntas de casos activos.

Publicada o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores 14 de abril o mesmo número de casos activos ca na xornada de onte: son 169 pacientesNas últimas 24 horas diagnosticáronse 12 casos positivos.

En canto á situación nos hospitais, hai un ingreso máis, aínda que se rebaixa a presión nas Uci. Así, as hospitalizacións ascenden a dez: sete en planta e tres na Uci. O Hospital Universitario Lucus Augusti deixa de ser o único centro con ingresos por Covid, ao rexistrarse un doente no Hospital da Mariña.

O xerente da área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, Ramón Ares, destacou a “estabilización” do virus na provincia, a pesar de que nos últimos días se aprecia unha lixeira repunta no total de pacientes con infección activa. Considera que non é síntoma de preocupación, aínda que alenta a seguir extremando a cautela para manter unha das incidencias máis baixas de Galicia.

Dende o inicio da pandemia faleceron 212 persoas na provincia, curáronse 11.814 e realizáronse 212.916 probas PCR.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...