Ramón Ares: “Tres ou catro casos de Covid-19 provocan un aumento das restricións en Barreiros e Trabada”

Destaca que na Semana Santa "onde se rexistraron máis casos foi é na Mariña".

Mostra para análise PCR. GALICIA CONFIDENCIAL

EFE. O xerente do Sergas na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, falou este mércores da decisión do comité clínico que asesora á Xunta de Galicia de manter o nivel alto de restricións en Barreiros e aumentar as medidas en Trabada, que pasa a nivel medio a partir do venres. “Tres ou catro casos de Covid-19 provocan un aumento das restricións”, dixo.

Estas restricións implican unha redución do aforamento nos locais de hostalaría do municipio trabadense, que pasará a un 50% en terrazas e un 30% no interior. Con todo, Ares destacou que a incidencia na provincia é “das máis baixas de Galicia”, ao redor de 60 casos por 100.000 habitantes a 14 días e entre 36 e 40 a sete días.

SEMANA SANTA

Con respecto á Semana Santa, Ares dixo que “é certo que hai un pequeno aumento no número de casos, pero non é unha repunta importante”. “Onde se rexistraron máis casos foi é na Mariña, a partir dun brote rexistrado en Barreiros”, lembrou.

De feito, neste municipio mariñán o Sergas efectuou un cribado entre máis de 400 persoas nas últimas horas, que deu como resultado dous positivos, un deles un contacto estreito doutro caso xa contabilizado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here