IniciosociedadeUn gromo de coronavirus na Mariña oriental suma uns 40 positivos

Un gromo de coronavirus na Mariña oriental suma uns 40 positivos

Sanidade detectou catro casos activos no cribado realizado en Barreiros, con uns 400 participantes.

Publicada o

- Advertisement -

EFE | O director asistencial da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Rafael Monte, confirmou que o gromo de Covid-19 que afecta a varios municipios da Mariña oriental alcanza xa uns corenta casos.

En declaracións aos medios de comunicación, Rafael Monte precisou que no cribado poboacional realizado durante as últimas horas no municipio de Barreiros, que o comité clínico situou onte no nivel alto de restricións, participaron 425 persoas.  As probas PCR permitiron detectar catro novos resultados positivos nese municipio, ao contrario do que sucedeu en Foz e en Ribadeo, onde as 270 persoas sometidas ao cribado deron negativo.

Monte precisou que, neste momento, o Sergas xa está cribando “as segundas cadeas transmisión”, polo que as autoridades sanitarias confían en poder “cortalas nos próximos días”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...