IniciosociedadeViveiro, comprometido coa comunide xorda

Viveiro, comprometido coa comunide xorda

Impulsa un curso de lnguaxe de signos e un contacontos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro quere implicarse máis no seu compromiso e sensibiidade coa comunidade xorda. Por iso, impulsa unha campaña de concienciación sobre a lingua de signos, cun contacontos en LSE e un curso online de formación en lingua de signos de 40 horas.

Este proxecto dá continuidade ao convenio firmado a semana pasada polo goberno local coa Fundación La Caixa e CaixaBank para adquirir cinco mochilas vibratorias Subpac que garanten a accesibilidade da comunidade xorda á programación cultural municipal.

A inclusión é unha das prioridades do noso grupo de goberno, polo que é un orgullo ver como este tipo de iniciativas se poñen en marcha no noso municipio”, destaca a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O martes comezou o curso online de introdución á lingua de signos, impartido por Miriam Aller, intérprete de Entresignos, e que terá unha duración de 40 horas. A formación diríxese ao persoal dos centros educativos e doutras asociacións do municipio que estean en contacto tanto con alumnos como con persoas con diversidade funcional. O obxectivo do goberno local é que polo menos un representante de cada centro educativo de Viveiro poida gozar desta formación.

Doutra banda, este sábado 17 de abril, presentarase o contacontos “Di e os amorodos”, a cargo de Paula Gándara, intérprete de LSE. O conto incluirá unha parte narrada en lingua de signos. A función será ás 12:00 na sala multiusos do Concello de Viveiro e diríxese a nenos e nenas a partir dos 5 anos. Debido ao contexto sanitario, as prazas para o contacontos serán limitadas, polo que cómpre reservar previamente a través de WhatsApp no teléfono 654 208 333.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...